sábado, 28 de maio de 2016

Reducindo o número de taras

A plantación segue o seu curso, e ata parece que coas últimas chuvias esas paulownias que non tiñan boa pinta ou ían morrer están revivindo agora. Supoño que a relativa calor (temperaturas máximas achegándose aos 20 graos e con días puntuais que as superaron) tamén axudaron.

Esta tiña un brote que parecía estar morrendo, pero parece que brota desde o chan agora (27 de maio).

Vista do brote (27 de maio).

Así estaba (22 de maio).

Esta outra que parecía que tiña un brote no chan confirmouno, e ademais botou múltiples brotes desde os troncos (27 de maio).

Estaba dubidosa non hai moito (22 de maio).

Así é como estaba antes de pasar o que pasara (8 de maio).

Había outra paulownia que case parecía unha tara segura, polo que hoxe fun adquirir dúas paulownias adicionais (plantas de raíz de 2 anos) que o certo é que teñen un aspecto magnífico e que plantei hoxe en buratos de 45x45x45 cm noutra leira próxima. Aínda que a idea era substituír cando menos esta tara que case seguro que está morta:

Parecía morta (foto do 22 de maio). Teño que buscala e botarlle outro ollo por se acaso revive.

A ver se un destes días poño fotos desas novas dúas paulownias, que hoxe esquecín tirarlle unhas fotos.

Mentres tanto agardamos chuvias para os próximos días e despois as temperaturas poden que sobrepasen os 25 graos durante algúns días seguidos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario