domingo, 8 de maio de 2016

As paulownias rebrotan

Parece que durante as últimas semanas a gran maioría das paulownias están rebrotando. A semana pasada fixen unha inspección e só tiven dúbidas con tres ou catro das 140 que se plantaron.

Así é como está agora mesmo a paulownia máis grande:

A paulownia máis grande volveu rebrotar (8 de maio)

A mesma paulownia a semana pasada (30 de abril). Só sobreviviu unha folla e vense multitude de brotes

Así estaba ao pouco de queimarse (3 de abril)

Esa mesma paulownia (28 de marzo) pouco despois da plantación (25 e 26 de marzo).

Aínda non se recuperou ata volver estar como estaba, pero vai polo bo camiño. Algunhas das outras paulownias teñen agora máis follas que antes xa que non tiñan máis que pequenos brotes no momento da plantación, pero as que tiñan follas aínda teñen menos das que tiñan no momento da plantación. Máis fotos de outras paulownias rebrotando, todas de hoxe:

Pequenos brotes na base

Outra paulownia rebrotando

Esta paulownia ten uns brotes case invisibles no pé

Volve ter case os mesmos brotes que antes

Esta ten uns brotes máis grandes que a propia paulownia ao plantala

Brotes fortes na base

Esta paulownia ten brotes moi pequenos no chan

Esta paulownia parecía que hai semanas estaba morta. E reviviu

Paulownias con brotes na base, a media altura e na punta

Esta é unha das que mellor pinta ten. A folla amarela e rota é unha das follas que tiña antes de queimarse

A paulownia anterior, protexida por unhas penas de medio metro de altura ao norte, oeste e leste

Esta semana pasada chegou a facer 29 graos durante o día, aínda que as temperaturas volveron a baixar e empezou a chover. As mínimas seguen roldando os 7-10 graos. De aquí ao verán non se agardan grandes baixadas de temperatura, aínda que tampouco se contan con temperaturas tan altas.

Unha cousa na que me fixei é que as paulownias teñen as folas alongadas, en vez de redondas como cando se plantaron.

As follas son alongadas, non redondeadas

Como curiosidade os brotes da paulownia non son verdes nin brancos ou amarelos, senón negros, o que a veces dificulta velos:

Esta foto é de hai unha semana (30 de abril). Vense dous brotes negros


Ningún comentario:

Publicar un comentario