luns, 4 de abril de 2016

Desfeita na plantación

Nos últimos días fixo moito frío. E tamén choveu a moreas. Non sei exactamente canto frío fixo, pero afectoulle moi negativamente ás paulownias. A maior parte delas teñen todos os brotes queimados pola xeada. Só unhas poucas das paulownias máis grandes teñen aínda follas verdes. As pequenas están todas totalmente queimadas.

Descoñezo se terán a capacidade de rebrotar cando suban as temperaturas, sobre todo dado que aínda non tiveron tempo para arraigar. Algunhas fotos da desfeita:

Unha das paulownias grandes, só as puntas das pólas (cos gromos e follas tenras) están queimadas.

A mesma árbore desde outro ángulo.

Esa mesma paulownia antes (hai unha semana exactamente).

Outra paulownia grande "prexudicada".

Outra grande máis. Nesta sobreviviron varias follas.

A mesma árbore desde outro ángulo.

Unha das paulownias cativas, totalmente queimada, ao igual que todas as outras paulownias pequenas.

Outra paulownia pequena

E outra.

Non sobreviviu ningunha paulownia pequena.

Nesta curiosamente parece que sobreviviu unha pequena folla debaixo das outras.

Case totalmente queimada.

Totalmente queimada.

Outra paulownia grande que non está moi afectada, seguramente por non ter brotes xa cando se plantou.

Esta tampouco sobreviviu.

Seguramente as plantei demasiado cedo pensando que non ía vir tanto frío a estas alturas do ano, aínda que si agardaba que chovera moito xa que é o normal a estas alturas do ano. Contaba con que a temperatura non baixara de 5 graos Celsius polas noites, aínda que parece que ao final si que baixou por debaixo dos 0 graos. Para intentos futuros é mellor asegurarse de que non baixe por debaixo dos 10 graos por se acaso, é dicir, agardar case ata maio para plantar, ou plantar árbores sen follas nin brotes que se poidan queimar.

Agora entendo por que en Baiobre (Arzúa) as plantaran en maio no 2009 (ver plantación de paulownias en Arzúa). Aínda que o certo é que esa plantación estaba a unha altura superior (420 metros sobre o nivel do mar fronte aos 295 da miña). Por certo, esta plantación de Baiobre parece que non deu resultado. A ver se un día me podo achegar por alí para documentalo visualmente.