domingo, 11 de setembro de 2016

Fotos do estado actual da plantación

Hai tempo xa que non poño fotos do estado da plantación. Dado que non espero que medren moito máis, e que hai poucos días que se realizou a última medición de alturas ata agora, creo que é bo momento para sacar algunhas fotos.


Vista da plantación desde a esquina noroeste.

Así é como se ve a plantación desde a pista. Hai moita maleza na beira da pista.

Vista ao través da plantación.


A continuación fotos das paulownias de seguimento:

Paulownia de seguimento A. Está moi desmellorada e ultimamente estancouse o seu crecemento. Secáronlle varias follas. Altura actual 171 cm.


Paulownia de seguimento B. Era a máis grande no momento da plantación e parece que o segue sendo. Ten unha pinta magnífica. Altura actual 3 metros.


Paulownia de seguimento C. Tamén o seu crecemento se estancou, posiblemente debido á competencia da maleza da beira da pista. Como se ve ten follas de ton amarelo, máis sobre isto debaixo. Altura actual 186 cm.


Paulownia de seguimento D. Esta paulownia é máis baixa que as demais debido a que tivo que rebrotar 3 veces. Aínda así ten un aspeco magnífico. Altura actual 137 cm.


Paulownia de seguimento E. Representa o estado da maioría da plantación. Altura actual 203 cm.


Paulownia de seguimento F. Altura actual 201 cm.


Paulownia de seguimento G. Ten as follas moi amarelas, máis sobre isto debaixo. Altura actual 180 cm.


Paulownia de seguimento H. As paulownias que hai cara o sur da leira teñen menos pólas e menos follas máis grandes e verdes. Seguramente é debido á sombra. Altura actual 232 cm.


Paulownia de seguimento I. Poucas follas e moi grandes. Altura actual 193 cm.


Paulownia de seguimento J. Altura actual 211 cm.


Paulownia de seguimento K. Altura actual 194 cm.


Paulownia de seguimento L. Altura actual 221 cm.


Paulownia de seguimento M. Como se ve está inclinada buscando a luz. Altura actual 206 cm.


Paulownia de seguimento N ao fondo. Vese que é claramente máis alta que o resto da fila.


Paulownia de seguimento N. Altura actual 286 cm.


Agora fotos sobre outros detalles.

Competencia. Neste caso varios carballos que rebrotaron. Outra competencia presente na plantación son os fieitos e algunhas herbas. Tamén nacen moitos piñeiros e algúns eucaliptos, ambos de semente, e dado que son pequenos son fáciles de eliminar. Será moito máis complicado lidar cos carballos e cos fieitos. Na foto tamén se aprecian varias paulownias con follas de ton amarelo.


Detalle das follas amarelas da paulownia de seguimento G.


Outro detalle das follas amarelas da paulownia de seguimento G. As follas amarelas sempre aparecen cara ao fondo da paulownia.


Follas amarelas de outra paulownia preto da pista.


Tronco da paulownia de seguimento B. Case non colle na man.


Este é o estado actual de aquela paulownia á que lle rompeu o tronco principal (parecía podre).


Ata aquí as fotos.

venres, 9 de setembro de 2016

Seguimento do crecemento das paulownias (VII)

Xa pasaron 15 días desde a última medición, así que toca de novo medir canto medraron. Lembremos cales era as seleccionadas para o seguimento:

Paulownias seleccionadas para o seguimento

As medidas tomadas son as seguintes (medidas en centímetros), xunto coas das anteriores xeiras de medición:

Día/Árbore A B C D E F G H I J K L M N
10 Xuño 2016
65
105
65
9
18
66
26
24
31
35
8
29
36
47
25 Xuño 2016
87
116
92
17
35
70
35
35
34
38
16
47
46
86
10 Xullo 2016
126
139
129
38
66
80
56
63
64
55
37
88
74
125
25 Xullo 2016
144
170
153
65
99
103
95
104
105
91
84
126
115
165
9 Agosto 2016
160
217
169
97
138
144
138
153
142
133
125
167
153
213
24 Agosto 2016
165
253
180
119
171
172
162
195
170
164
162
194
188
252
8 Setembro 2016
171
300
186
137
203
201
180
232
193
211
194
221
206
286

As paulownias xa medran claramente a un ritmo inferior. Estas últimas dúas semanas non fixo tanta calor, aínda que houbo temperaturas que case superaron os rexistros históricos. Xa hai unha paulownia con 3 metros de altura e está empezando a ser dificil medilas. Hai algunhas paulownias con follas amarelas preto dos límites, supoño que debido a que a competencia que hai nesas zonas reduciu a humidade e consumiu parte dos nutrientes. A ver se podo tirar algunhas fotos cedo.