mércores, 27 de xullo de 2016

Seguimento do crecemento das paulownias (IV)

Xa pasaron 15 días desde a última medición, así que toca de novo medir canto medraron. Lembremos cales era as seleccionadas para o seguimento:

Paulownias seleccionadas para o seguimento

As medidas tomadas son as seguintes (medidas en centímetros), xunto coas das anteriores xeiras de medición:

Día/Árbore A B C D E F G H I J K L M N
10 Xuño 2016
65
105
65
9
18
66
26
24
31
35
8
29
36
47
25 Xuño 2016
87
116
92
17
35
70
35
35
34
38
16
47
46
86
10 Xullo 2016
126
139
129
38
66
80
56
63
64
55
37
88
74
125
25 Xullo 2016
144
170
153
65
99
103
95
104
105
91
84
126
115
165

As paulownias seguen medrando a bo ritmo como se ve. Estas últimas dúas semanas houbo días que non fixo moita calor e pode que sexa a razón pola que o crecemento por día non sobrepasou os 3 cm, aínda que a paulownia K parece que duplica o seu tamaño cada 15 días.

luns, 11 de xullo de 2016

Fotos da evolución

Aí van varias fotos da plantación. Comezamos cos detalles preocupantes:

Na última visita apareceu unha paulownia co brote roto. Afortunadamente sobreviviu o que antes era unha póla secundaria.

Detalle do brote roto. Parece podre.

Outra foto do brote.

Paulownia de seguimento I. Parece que ten problemas para saír do sitio.

Esta é a paulownia que aparecera co brote como roído o 16 de xuño de 2016

Paulownia de seguimento D. Esta tivo varios problemas no pasado, e aínda é pequena, pero progresa ben.


Agora fotos da plantación, de algunhas paulownias, e do tamaño das follas:

Xa hai follas de máis de medio metro.

Outra folla de máis de 50 cm

E outra máis.

Paulownia de seguimento N. Foi a que máis medrou durante estes últimos 15 días chegando a 2,7 cm por día.

Paulownia vizosa. Ao fondo a paulownia de seguimento C.

Paulownia de seguimento C. Foto sacada desde arriba.

Paulownia de seguimento B coa paulownia de seguimento C ao fondo.

Paulownia de seguimento B.

Paulownia de seguimento B coa paulownia de seguimento A ao fondo.

Paulownia de seguimento A.

Vista da parte norte da plantación.

Vista do lado leste da plantación. Xa se distinguen as paulownias do fondo.

Vista do lado oeste da plantación.


Agora fotos e detalles da paulownia e das sequoias que teño nunha leira próxima:

Sequoia. Medrou ata os 32 cm desde os 28 cm que tiña hai 15 días.

Outra sequoia. Non ten brote apical e polo tanto non medra cara arriba.

Paulownia plantada en outra leira próxima. Leito de fieitos arredor para reducir a competencia.

Medindo a altura da paulownia. Hai 15 días medía 69 cm e agora mide 84 cm.

Seguimento do crecemento das paulownias (III)

Xa pasaron 15 días desde a segunda medición, así que toca de novo medir canto medraron. Lembremos cales era as seleccionadas para o seguimento:

Paulownias seleccionadas para o seguimento

As medidas tomadas son as seguintes (medidas en centímetros), xunto coas das anteriores xeiras de medición:

Día/Árbore A B C D E F G H I J K L M N
10 Xuño 2016
65
105
65
9
18
66
26
24
31
35
8
29
36
47
25 Xuño 2016
87
116
92
17
35
70
35
35
34
38
16
47
46
86
10 Xullo 2016
126
139
129
38
66
80
56
63
64
55
37
88
74
125

Nótese que as paulownias A e N chegaron a medrar 2,6 cm por día, e a paulownia L medrou máis de 2,7 cm ao día.

As fotos do estado da plantación están na entrada Fotos da evolución.