luns, 23 de maio de 2016

Algunha tara, pero estamos en marcha

É definitivo, as paulownias están rebrotando. Na anterior inspección tiven dúbidas con tres ou catro (quizais ata seis) das 140 que se plantaron. Hoxe xa son unha ou dúas taras nada máis, o que suporía un éxito superior ao 98,5% na plantación.

Durante esta última semana remexeuse a terra ao pé das paulownias (en realidade en sete dos nove regos) para evitar que medren herbas, fieitos, toxos, silvas e para retirar anacos de madeira e cañotas que quedaron detrás na plantación.

Espero conseguir algunha paulownia nova para repoñer as taras pronto, e a principios do mes que vén conto de botarlles algo de abono e remexerlle a terra ás paulownias ás que aínda non se lles fixo. Continuarei documentando os novos sucesos a medida que ocorran.

Así é como está agora mesmo a paulownia máis grande:

Ten un aspecto magnífico. Vese a terra remexida (22 de maio)

Desde outro ángulo (22 de maio)

Así estaba ao pouco de empezar a rebrotar (8 de maio)

Pero aínda que a maioría teñen boa pinta aínda hai algunhas que están comezando a brotar (aínda que a semana pasada parecían mortas):

Primeiros brotes.

Esta tamén parecía morta a semana pasada.

Esta aínda está dubidosa.

Aínda que iso parece un brote na base. Teño esperanzas.

Así é como estaba o 8 de maio esta mesma paulownia. Quizais se lle remexeu a terra demasiado preto...

Case apostaría a que esta está morta. Iso verde é un fieito que medraba preto e ao que lle rompín a punta. Esta paulownia sería a única tara polo de agora.

Esta ten un brote, aínda que parece que está secando. Sería a outra única dúbida agora mesmo xunto coa anterior. Esta conto con que quizais non sobreviva.

Esta non mellorou moito.

Esta tamén está botando agora os primeiros brotes.

Outra que está na mesma situación.

A continuación fotos das paulownias que mellor aspecto teñen, é dicir, paulownias frondosas con follas vizosas e grandes, desas que da gusto ver:

Esta aínda non ten follas do tamaño da miña man. Pero xa chegará.

A paulownia que está entre as penas ten moi bo aspecto.

Algunhas das súas follas xa teñen o tamaño da miña man.

Esta folla xa é un chisco máis grande que a miña man. A ver se chegan a medir medio metro.

Algunhas das paulownias pequenas xa están frondosas.

E as grandes tamén.

Desde outro ángulo.

Por último unha foto duns defectos que vin nas follas dunha das paulownias. Son como pequenas depresións ou deformacións na folla:

Pequena depresión na folla.

Quizais se vexa mellor nesta foto.





Ningún comentario:

Publicar un comentario