venres, 25 de marzo de 2016

Plantación: primeira fase

O 25 de marzo de 2016 comezouse a plantación. O marco de plantación é de 5x5 metros, o que permite plantar 140 paulownias COT2 en nove regos: 4 deles con 15 árbores e os outros 5 regos con 16.

En 2 horas e media plantáronse 98 árbores, entre tres persoas. O método de plantación consistiu en:
  • Ensanchar o burato, ata unha profundidade de polo menos 30 cm, retirando pedras, pólas e raíces
  • Botar 150 gramos de abono 8-24-16
  • Remexer o abono cun pouco de terra
  • Quitar a planta do contedor de medio litro no que vén
  • Situar a árbore enriba da terra remexida
  • Botar terra arredor, pisando para asentala.
Non se regou debido a que ao rematar comezou a chuviscar un pouco.

Plano da leira co marco de plantación. Cada círculo verde é unha árbore (círculo de 5 m de diámetro).

Primeiro plantáronse 20 paulownias de segundo ano (plantas de 2 cm de diámetro en maceta de 1,5 litros) nas filas próximas á pista (lado norte), e despois continuouse co resto, todas de primeiro ano e altura de entre 10 e 20 cm.

A plantación finalizarase nos vindeiros días.

Ningún comentario:

Publicar un comentario