domingo, 11 de setembro de 2016

Fotos do estado actual da plantación

Hai tempo xa que non poño fotos do estado da plantación. Dado que non espero que medren moito máis, e que hai poucos días que se realizou a última medición de alturas ata agora, creo que é bo momento para sacar algunhas fotos.


Vista da plantación desde a esquina noroeste.

Así é como se ve a plantación desde a pista. Hai moita maleza na beira da pista.

Vista ao través da plantación.


A continuación fotos das paulownias de seguimento:

Paulownia de seguimento A. Está moi desmellorada e ultimamente estancouse o seu crecemento. Secáronlle varias follas. Altura actual 171 cm.


Paulownia de seguimento B. Era a máis grande no momento da plantación e parece que o segue sendo. Ten unha pinta magnífica. Altura actual 3 metros.


Paulownia de seguimento C. Tamén o seu crecemento se estancou, posiblemente debido á competencia da maleza da beira da pista. Como se ve ten follas de ton amarelo, máis sobre isto debaixo. Altura actual 186 cm.


Paulownia de seguimento D. Esta paulownia é máis baixa que as demais debido a que tivo que rebrotar 3 veces. Aínda así ten un aspeco magnífico. Altura actual 137 cm.


Paulownia de seguimento E. Representa o estado da maioría da plantación. Altura actual 203 cm.


Paulownia de seguimento F. Altura actual 201 cm.


Paulownia de seguimento G. Ten as follas moi amarelas, máis sobre isto debaixo. Altura actual 180 cm.


Paulownia de seguimento H. As paulownias que hai cara o sur da leira teñen menos pólas e menos follas máis grandes e verdes. Seguramente é debido á sombra. Altura actual 232 cm.


Paulownia de seguimento I. Poucas follas e moi grandes. Altura actual 193 cm.


Paulownia de seguimento J. Altura actual 211 cm.


Paulownia de seguimento K. Altura actual 194 cm.


Paulownia de seguimento L. Altura actual 221 cm.


Paulownia de seguimento M. Como se ve está inclinada buscando a luz. Altura actual 206 cm.


Paulownia de seguimento N ao fondo. Vese que é claramente máis alta que o resto da fila.


Paulownia de seguimento N. Altura actual 286 cm.


Agora fotos sobre outros detalles.

Competencia. Neste caso varios carballos que rebrotaron. Outra competencia presente na plantación son os fieitos e algunhas herbas. Tamén nacen moitos piñeiros e algúns eucaliptos, ambos de semente, e dado que son pequenos son fáciles de eliminar. Será moito máis complicado lidar cos carballos e cos fieitos. Na foto tamén se aprecian varias paulownias con follas de ton amarelo.


Detalle das follas amarelas da paulownia de seguimento G.


Outro detalle das follas amarelas da paulownia de seguimento G. As follas amarelas sempre aparecen cara ao fondo da paulownia.


Follas amarelas de outra paulownia preto da pista.


Tronco da paulownia de seguimento B. Case non colle na man.


Este é o estado actual de aquela paulownia á que lle rompeu o tronco principal (parecía podre).


Ata aquí as fotos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario